Mostrando entradas con la etiqueta Tecnoloxía Zapping. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tecnoloxía Zapping. Mostrar todas las entradas

Tecnoloxía Zapping volve á radio

Como xa comentou Brigantium, este sábado inauguramos a sección de Tecnoloxía Zapping en Por fin es sábado (con Maite González) e para tomarlle a Txuri e Antón un pouco o pelo falei dos seguintes produtos:

- Super Pii Pii Brothers:





- PTeq-USB Pregnancy Test

- Betamax to HD DVD converter

Aínda que, como ben sabedes, se trataba de bromas do Primeiro de Abril. Curiosamente a xente continúa a picar, e tanto o xoves coma o venres saíron en varias páxinas serias algunhas destas frikadas, polo que non sería raro ver cómo dentro de 1 ou 2 meses se colan nalgunha revista e todo.

Hoxe Tecnoloxía Zapping na colaboración en "Por fin es Sábado"

Onte Venres afirmaba Marcus no seu blog que hoxe ía estar na colaboración (agora minimonodose de Zapping) en Por fin es Sábado, que presenta Maite González. Iso será a partir das 13:15.

Agardamos unha Tecnoloxía Zapping coma nos mellores tempos e que pronto volvan as augas ao rego.