Mostrando entradas con la etiqueta Dúbida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dúbida. Mostrar todas las entradas

Dúbida: A onde fuches de excursión de fin de curso?

Pois iso, a pregunta é ben sinxela, tedes que nos contar cal foi a viaxe que fixestes de fin de curso no cole e/ou insti ou de "paso de ecuador" na carreira. Non valen vacances por conta propia nin co equipo de futbito ou coa parroquia, tampouco as típicas visitas á Domus ou a Citröen, non, ten que ser cos compañeiros de clase.

Un dous tres, responda outra vez...


Eu... a París... oh la, la...

A dúbida razonable

Ola rapaces! Nesta ocasión veño darvos a lata para vos preguntar se coleccionades algún tipo de obxecto.

Eu, que son un tío clásico e pouco orixinal colecciono, como algúns xa sabedes, fotos e postais antigas, principalmente da Coruña, e tamén teño a típica colección de moedas e billetes de todas as épocas e países.

Nada novo XD


E vós? Que coleccionades?