A dúbida razonable

Ola rapaces! Nesta ocasión veño darvos a lata para vos preguntar se coleccionades algún tipo de obxecto.

Eu, que son un tío clásico e pouco orixinal colecciono, como algúns xa sabedes, fotos e postais antigas, principalmente da Coruña, e tamén teño a típica colección de moedas e billetes de todas as épocas e países.

Nada novo XD


E vós? Que coleccionades?



4 comentarios:

Eva dijo...

pois digamos que sí. gústame que cando os meus amigos viaxan polo mundo adiante me traian un lápis... london, dublin, roma, parís, berlín.. pero xeralmente non os merco cando viaxo eu.. tontunas das coleccións de cada un...
e bueno.. tamén colecciono ceos anubados (en foto, claro)...

Darío dijo...

Eu non son moito diso, pero o meu pai colecciona chaveiros, pins, chisqueiros...

Por certo, está moi ben o novo estilo da páxina :)

Lu dijo...

colecciono pins, chapas, pegatinas, posters e... etiquetas de roupa

a min tamen me gusta + a web asi

saudos

Anónimo dijo...

pois eu colecciono bolígrafos, e unha lata porque teño que esperar a gastarlles a tinta pra gardalos e isa espera pode supor o risco de estravialos... ains!!

bo serán!