Bulla: "El ingenioso hidalgo Don Quixote de La Mancha"

A semana pasada o Chino e máis o Rubio co gallo do 9-M preguntábannos quen tivera que ir algunha vez a unha mesa electoral aínda que só fose para facer acto de presencia a primeira hora da mañá como suplente... e a vitoria foi demoledora para os do NON, grupo que encabezaba o Rubio por 10 votos contra 2, isto é, un 83% dos enquisados son uns "pubers" democraticamente falando.

A ver se para as vindeiras eleccións (o ano que ven) continuamos co blog e repetimos a enquisa. Veremos que conclusións sacamos de cada un e logo xuntando os dous. Que conclusións sacades vós desta?

Por outra banda, comentarvos, como xa puidestes ver, que esta semana temos unha nova fichaxe que non é nin máis nin menos que Darío, a persoa (mentres non se demostre o contrario) que máis sabe de Zapping. Pois ben, coméntame Darío que esta semana anda con bastante choio entre outras cousas, porque a semana que ven ten exame sobre o libro El ingenioso hidalgo Don Quixote de La Mancha (que todos coñecemos por "El Quijote") de Miguel Cervantes; polo que Darío, honrado e nobre como é, leu o libro cumio da literatura española de arriba abaixo, non coma outros que viron só algunha das producións que se fixeron para cinema ou TV ou coma outros coma min, que directamente (malia que algunha vez o encetamos ler) nin unha cousa nin a outra.

Por iso a dúbida desta semana: líches o libro de comezo a fin como Darío ou pola contra pasaches ou acabaches pasando del coma min?

Para que logo digan da LOGSE... (eu son da EXB, claro)!

2 comentarios:

Eva dijo...

ainda da LOGSE, (das primeiras xeración..) NON lin o Quijote... nin sequera o escomecei algunha vez. Sí que teño curiosidade por facelo, pero temo que xa ma primeira páxina pouco vou comprender dese castejano ancestral..

Saudos :)

Darío dijo...

Tes que ter moitas ganas para leelo por gusto, aínda que parece moito máis complicado do que en realidade é. Hai cousas divertidas, pero en xeral paréceme bastante malo.